31 de janeiro de 2009

Participantes do proxecto semanal: TRANSPARENTE

Anar aprenent


Bajo el diente de león


Cuatro en familia


Cuatro en la cama


Dálle un coliño


Orca: Observar, Recordar, Crecer y Aprender





Palabra clave desta semana: RODAR
Para non me esquecer de ninguén, rógovos deixedes a ligazón do voso proxecto desta semana (boneco de neve) nesta mensaxe.

As citas do mes: xaneiro

"Os homes nacen ignorantes, non estúpidos; son idiotizados pola educación"
(Bertrand Russel)

"Os adultos sempre andan a preguntar ós cativos que queren ser cando sexan maiores porque están á procura de ideas".
(Paula Poundstone)

"O futuro dos nenos é sempre hoxe. Mañá será tarde."
(Gabriel Miró)

"El Paraíso será un sitio donde los niños lleguen del colegio con derechos en lugar de con deberes"
Antonio Fraguas (Forges)

26 de janeiro de 2009

Proxecto semanal tras o Nadal II

Á espera de retomar a normalidade no proxecto semanal que será xa a vindeira semana, volto facer unha mensaxe sen os participantes.

Palabra clave desta semana: BONECO DE NEVE (muñeco de nieve)

25 de janeiro de 2009

Proxecto semanal transparente

Esta semana a palabra clave para o proxecto semanal era "transparente" e aproveitando que estamos cos "últimos coletazos" do proxecto trimestral sobre os mares e océanos fixemos unha augamar
(premendo enriba faise máis grande)

Para acompañala tamén fixemos peixiños aproveitando as caixas dos cereais. A augamar é unha bolsa de plástico colada por embaixo con papel celo deixando no medio a abertura da boca tal e como teñen as augamares e xa vedes que a nosa está dixerindo un peixe e acaba de atrapar outro!!. Os tentáculos están feitos con cinta dos agasallos e a augamar decorámola con restos de autocolantes con brillos (aínda que na foto non se aprecian).

Despois estiveron xogando e fixeron unha especie de praia-lago ou vai-tí-a-saber-qué onde as augamares convivían cos peixes e demáis animáis acuáticos (xa vedes que algúns mariños e outros de auga doce) namentres que a fauna terrestre animábase a tomar un baño ou a mirar, algúns incluso acompañados dos fillos e o marido (que "está sumerxido na auga e só se lle vé a cabeza").

A escena recórdame á típica lagoa africana cun "lixeiro" toque surrealista. A imaxinación ó poder!! :D

24 de janeiro de 2009

Saiume bilingue :)

En vista das atrocidades que comete esa máquina infernal que chaman "traductor" e como se trataba dun tema moi serio e non quería que o desvirtuara coa súa habitual libre interpretazón, decidín facelo a dúas linguas. Agardo que gostedes.
-------------------

Teño un traballo bastante bo, apenas 5 horas pola mañá cun descanso de media hora fixado por convenio, aínda que algúns días teño que quedar a comer ou mesmo almorzar alí. Se ben é certo que tiven moita sorte cos meus compañeiros, a verdade é que nesta etapa da miña vida prefiro pasar o maior tempo posível coa miña familia pero procuro tomarmo con resignación porque cando non hai opción pois máis vale aceptalo.

Cada día asígnanme unha tarefa e esfórzome en realizala o mellor posível, arquivala, etc. aínda que como nos pasa a todos hai días que unha acomete o traballo con máis ganas. O problema é que o meu superior, unha persoa moi riquiña por certo, empéñase en que leve traballo extra para realizar na casa. Intentei sen éxito facerlle entender que se realizara o traballo diario á perfección non vía xusto ter que realizar horas extras no tempo que teño para gozar da miña familia, facer as miñas cousas persoais, etc. Tamén intentei que o enlace entre el e os meus compañeiros o fixese entrar en razón pero desgraciadamente púxose de parte da "patronal". Os absurdos razoamentos que esgrimen pasan por: traballar para que non me aburra durante "tantas horas libres", rematar na casa aqueles documentos que por diversas cuestións quedaron a medio facer, ou afianzar na miña cabeza os datos nos que estiven a traballar esa mañá. Non sei se o noso superior cre que somos uns ineptos ou é el quen non é capaz de organizar o equipo para que sexa máis eficiente.

Non, non falo das horas extras dos adultos se non das horas extras dos nenos que as deron en chamar deberes quizais para demostrar a superioridade de quen os manda, unha sutil forma de humillar ao "obreiro" a quen se castiga pola falta de pericia do xefe, quen tras horas de traballo necesita que outros veñan a seguir afianzando os seus muros porque quizais a construción é demasiado feble.

Prodúcenme unha tristura tremenda eses nenos que tras horas traballando no cole teñen que seguir traballando na súa casa, ben por mandato dos seus profesores ben pola competitividade dos seus pais. Se un adulto necesita desconectar da xornada laboral e ter tempo de ocio de calidade, canto máis o necesitará un neno!! os únicos únicos deberes que deberían ter serían xogar, divertirse, gozar da vida...

Segundo teño entendido na Galiza non están permitidos por lei os deberes ata o segundo ciclo de primaria aínda que a realidade é ben distinta e vin nenos con 3 e 4 anos con traballo para casa e o normal ademais é que ese traballo lles ocupe horas!!

Invítovos a reflexionar sobre este tema.

Déixovos coas palabras de Antonio Fraguas (Forges) que nos van acompañar toda a semana: "El Paraíso será un sitio donde los niños lleguen del colegio con derechos en lugar de con deberes"

E cuns cantos enlaces:
  1. Stop Homework
  2. La verdad acerca de los deberes
  3. Los deberes escolares en casa
  4. El movimiento contra los deberes escolares
  5. Bélgica establece por decreto la duración y el tipo de deberes escolares
  6. Jugar i jugar
  7. EDITO: Engado a traducción dun artigo feito por Zulema do blogue "La mejor mami del mundo" que se chama "No más tarea".
------------------------------------------------------------------------------

Castelán:
Tengo un trabajo bastante bueno, apenas 5 horas por la mañana con un descanso de media hora fijado por convenio, aunque algunos días tengo que quedarme a comer o incluso desayunar allí. Si bien es cierto que he tenido mucha suerte con mis compañeros, la verdad es que en esta etapa de mi vida prefiero pasar el mayor tiempo posible con mi familia pero bueno, procuro tomármelo con resignación porque cuando no hay opción pues más vale aceptarlo.

Cada día me asignan una tarea y me esfuerzo en realizarla lo mejor posible, archivarla, etc. aunque como nos pasa a todos hay días que una acomete el trabajo con más ganas. El problema es que mi superior, una persona muy maja por cierto, se empeña en que lleve trabajo extra para realizar en casa. He intentado sin éxito hacerle entender que si había realizado el trabajo diario a la perfección no veía justo tener que realizar horas extras en el tiempo que tengo para disfrutar de mi familia, hacer mis cosas personales, etc. También he intentado que el enlace entre él y mis compañeros le hiciera entrar en razón pero desgraciadamente se ha puesto de parte de "la patronal". Los absurdos razonamientos que esgrimen pasan por: trabajar para que no me aburra durante "tantas horas libres", terminar en casa aquellos documentos que por diversas cuestiones han quedado a medio hacer, o afianzar en mi cabeza los datos en los que he estado trabajando esa mañana. No sé si nuestro superiore nos cree unos ineptos o es él quien no es capaz de organizar el equipo para que sea más eficiente.

No, no hablo de las horas extras de los adultos si no de las horas extras de los niños que las han dado en llamar deberes quizás para demostrar la superioridad de quien los manda, una sutil forma de humillar al "obrero" a quien se castiga por la falta de pericia del jefe, quien tras horas de trabajo necesita que otros vengan a seguir afianzando sus muros porque quizá la construcción es demasiado endeble.

Me producen una tristeza tremenda esos niños que tras horas trabajando en el cole tienen que seguir trabajando en su casa, bien por mandato de sus profesores bien por la competitividad de sus padres. Si un adulto necesita desconectar de la jornada laboral y tener tiempo de ocio de calidad, ¡¡cuánto más lo necesitará un niño!! cuyos únicos únicos deberes tendrían que ser jugar, divertirse, disfrutar de la vida...

Según tengo entendido en Galicia no están permitidos por ley los deberes hasta el segundo ciclo de primaria aunque la realidad es bien distinta y he visto niños con 3 y 4 años con trabajo para casa y lo normal además es que ese trabajo les ocupe horas!!

Os invito a reflexionar sobre este tema.

23 de janeiro de 2009

Arquivados dous casos de homeschooling

Hoxe quero facerme partícipe da magnífica noticia sobre o arquivamento por fiscalía dos casos das familias Cáceres-Roldan de Cádiz e Santiago-Garcia de Canarias o pasado 22 de xaneiro deste ano. Os meus máis sentidos parabéns para estas dúas familias que tiveron que pasar os últimos meses sufrindo este mal trago, espero que sexan as últimas.

Tamén falan desta estupenda noticia en ALE, no Blogue de Airenita, no blogue de Azu, no blogue de Ketty (que tamén se viron enfrentados á xustiza por educar na casa e tamén arquivaron o seu caso) e no blogue de Madalen Goiria.

Máis ofertas para homeschoolers

Outra fantástica web que nos chega grazas a One House Schoolroom.

Homeschool Freebie of the Day é unha web que ofrece descargas gratuítas de productos relacionados co Homeschooling de luns a venres, mas hai que estar atentos pois as descargas só están disponíveis ese día e despois desaparecen (aínda que por exemplo hoxe hai activados aínda varios de días pasados).

Podedes atopar plans de leccións, gravacións de audio, unidades de estudo, etc. e todo de balde! Se vos apuntades ó seu "newsletter" estaredes informados con antelación ademais de gozar doutras vantaxes.

Espero que lle saquedes bo proveito :)

22 de janeiro de 2009

Agasallos de Nadal 2

E agora unha de música :) Á nosa colección de música para pequenos en galego únese Contos en cantos, da que xa vos falara aquí. É o grande que está aberto e recoméndovolo encarecidamente :)

As cancións son de contos da propria editora: Chocolata, Corre corre cabaciña, A princesa do Caurel, Paco Papán, Sal e Azucre, Cocorico, Titiritesa, Mariluz Avestruz, O papón, Loboferoz, Sígueme!, Rato Tom e Rata Tomasa e Pío pío e están feitas nunha linguaxe musical actual, nada de gaitas e zanfoñas que son fermosas pero que non falan a lingua dos nosos fillos.

Como vedes na foto, ven en formato libriño e dentro ademáis do CD está un DVD e tedes as letras de cada canción acompañadas dunha ilustración do conto.

Moi bonito, esto é o que precisamos na Galiza!, implicar ós nosos nenos no futuro da lingua pero falando a súa linguaxe tanto musical como social porque qué queredes que vos diga, ós meus pequenos unha canción que fala de muiñadas non lles dí absolutamente nada.

21 de janeiro de 2009

A tese de Carlos Cabo

Recibín no meu e-mail unha petición de Carlos Cabo para que vos pida a vosa axuda para a elaboración da súa tese pois é sobre o Homeschooling na España. Carlos pídenos que contestemos a unha serie de preguntas que lle servirán a el para a elaboración do informe.

Eu creio que é moi positivo que se fagan estudos sobre a educación en familia, que "saiamos do armario", que se nos coñeza, todo esto é moi importante para a futura regularización desta opción educativa e tamén para que logo non escoitemos cousas como que somos "unha élite antisistema" (aínda que tal e como avanza o "Pensamento Único" pode ser que nos consideren antisistema simplemente por querer mudalo-melloralo, o seguinte paso será catalogarnos directamente de terroristas e senón dádelles tempo).

A enquisa resultoume, por dicilo dalgún xeito, moi curiosa e anímovos a lela e tamén a contestala.
Hai opcións que aínda que sexan verdade eu creio que ninguén as marcaría tal e como se plantexan, como é no caso de "No existe coincidencia en los valores practicados por el grupo familiar, tampoco existe tolerancia y comprensión, lo que crea continuos enfrentamientos" ou "La incomunicación es absoluta. El silencio es la forma de expresión más habitual". Non sei que vos parecerá a vos pero cómo se pode educar a alguén nesas condicións? nin na casa nin na escola!, o principio básico da educación é a comunicación.

Tamén me pareceu que está moi orientada ás crenzas relixiosas como motivo para educar na casa, por exemplo as dúas primeiras opcións sobre por que se educa na casa xiran en torno a este tema, cando eu creio que alomenos na España esta non é, nin de lonxe, a principal razón. E aproveito para animar a Carlos a que faga a distinción entre Crer e a Relixión, creio que é moi importante. Tamén como muller da Galiza (terra matriarcal por excelencia) gostaría de que ademáis da opción de "El padre es el que manda, él establece las normas y reglas" existise a contraria ;)

Anímovos a que a contestedes. Para prologar as palabras de Carlos Cabo (e perdoádeme a frivolidade) ensínovos o enfeite que teño no igoogle, adoro estas novas opcións!

PETICIÓN DE COLABORACIÓN A TODAS LAS FAMILIAS QUE EDUCAN A SUS HIJOS EN CASA

Hola:

Mi nombre es Carlos Cabo. Soy catedrático de Instituto y profesor de universidad. En la actualidad me encuentro realizando la tesis doctoral sobre el homeschooling en España. Necesito recabar datos sobre la práctica de quienes educáis en casa. Para ello he confeccionado una encuesta que trata de obtener información sobre los aspectos más relevantes del homeschooling en nuestro país. Me gustaría contar con vuestra colaboración, con la de todos los que educáis a vuestros hijos en familia, para mostrar de forma objetiva y bien documentada que ésta es una opción que debe ser tenida en cuenta y respetada, al menos en la misma medida que es tenida en cuenta y respetada en otros países de nuestro entorno geográfico y cultural.

Quienes estéis dispuestos a participar en esta tarea, podéis poneros en contacto conmigo en el siguiente correo: cabocarlos@gmail.com o bien optar por responder directamente a la encuesta que se encuentra en la siguiente dirección: http://carlos.scienceontheweb.net o http://www.angelopez.es/experto/experto.pl?db=experto&uid=default&add_form=1

Agradezco de forma anticipada vuestra participación.

Un saludo.

Carlos Cabo

19 de janeiro de 2009

Agasallos de Nadal

Aquí tendes algúns dos contos que deixaron os Reis Magos na casa.
Premendo enriba podedes ver a foto un pouquiño máis grande.

O primeiro é Cecilia y el dragón que conta a historia dunha rapaza aventureira que non se conforma con ficar na casa senón que ela tamén se quere enfrontar ó mundo. As ilustracións son moi bonitas, non vos sabería dicer porqué mas téñenme un aire moi holandés.
O segundo é Tres con Tango, unha historia entrañável e parece ser que baseada nun feito real de dous pingüíns do zoo de Central Park que se fan pais adoptivos dun oviño do que nacerá Tango.
E o último é Rey y Rey, que conta a historia de sempre, que parece que todo o mundo se enamora do príncipe azul!! ;) Hai tempo que tiña ganas de botarlle un ollo e a verdade é que levei unha grata sorpresa porque só coñecía a portada e véndoa pensaba que non me ían gustar as ilustracións e a verdade é que non foi así.

Un puñadiño de cousas

Aínda seguimos a voltas co proxecto trimestral adicado ó medio mariño, eu creo que nos vai durar este mes de xaneiro enteiro.
Escoitamos falar ás baleas (preme enriba para oílas) a través da web do Ocean Mammal Institute, é precioso escoitalas porque sendo un son nunca ouvido faise inquietantemente familiar, ó mellor aseméllase ó que escoitamos no útero materno... a fin de contas que é o mar senón o ventre do mundo?


Entre os meus proxectos rematados están istos pantalóns que tiñan os xeonllos rotos e ós que lles imos dar unha segunda oportunidade.

Agora estas cousas son case impensáveis mas eu recordo cando eu era pequena que levar "rodilleras" ou "coderas" entraba dentro da nosa normalidade. Nalgún momento deixámonos levar polo consumismo e deixamos de zurcir calcetíns, remendar remendos e fixemos do "usar e tirar" a nosa constante.


E deixovos aquí (aínda que están tamén nas miñas ligazóns de Escola na casa)
máis blogues homeschoolers, case todos de rapaces que estudan en Clonlara

Proxecto semanal tras o Nadal

Pois iso, retomamos o proxecto semanal e eu agradézovos unha vez máis a vosa participación.

Palabra clave desta semana: TRANSPARENTE
Para non me esquecer de ninguén, rógovos deixedes a ligazón do voso proxecto desta semana (transparente) nesta mensaxe.

18 de janeiro de 2009

Hai dous días

Voltando a casa tras un paseíño comezaba a escurecer
- "Mami mira, unha estrela!"
- Si, que bonita, é Venus
Silencio...
- Pero Mami, Venus é un planeta

16 de janeiro de 2009

Tocoume o sorteo de handmadecrafts!!

Por fin!! :D
Tocoume o sorteo navideño de handmadecrafts, o premio era este libro: "El club de los Viernes" que ten unha pinta estupenda. Dentro cada comezo de capítulo vai acompañado dunha madeixa e entre algúns puntos e aparte van debuxadas agullas, pequenos detalles que fan o libro máis atractivo, xa vos contarei que tal pero semella ser un libro moi cálido.

Teño que felicitar á Editorial Maeva pola tan bonita presentación do agasallo. Viña todo o que vedes nunha bolsa de papel granate acompañado dunha carta de felicitación por gañar o concurso, este é un bon exemplo de savoir fair, os meus parabéns ó departamento de marketing e publicidade :D

Chuculetadas

Mirade o precioso agasallo que chegou hoxe a casa!!

Olivia mandoume unhas fermosísimas postais da súa tenda e esa pocholada de botonciños de madeira. A tarxetiña da boneca xa me regala os ollos cando os levanto da pantalla pois está na repisiña de enfronte pero as postais van buscar acomodo aínda, estou como una rapariguiña de contenta!! De novo moitísimas gracias!! :D

15 de janeiro de 2009

SOS PALESTINA: manifestación unitaria galega

Recibín este e-mail:
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Benqueridas amigas e amigos:

Como sabedes, o vindeiro domingo, día 18, ás 12:00 do mediodía, Galicia enteira ten unha cita na Alameda compostelana co pobo palestino, para parar esta matanza, para condear os crimes contra a humanidade do goberno sionista israelita en Gaza. Será unha manifestación unitaria, respaldada por numerosas organizacións da sociedade civil galega, de todo tipo, unidas en defensa e apoio do pobo palestino, contra o masacre, na procura dunha paz xusta, digna e duradeira na rexión.
Entre as organizacións convocantes están varias plataformas nas que o Seminario Galego de Educación para a Paz participa de maneira activa, como son, a Coordinadora Galega pola Paz, a Coordinadora Galega de ONGDs, o Foro Galego da Inmigración ou a Iniciativa polos Dereitos Humanos, así como por moitas outras entidades que se agrupan arredor de Galicia por Palestina e tamén polos diversos colectivos da comunidade palestina en Galicia.
O listado completo de organizacións que na actualidade apoian a iniciativa figura ó final do borrador de Manifesto (xunto) por orde alfabética, estando aberto ás novas incorporacións que o desexen e o comuniquen.
O Manifesto Unitario será lido no remate da Manifestación na Quintana pola actriz María Bouzas e pola moza palestina Laila Tilawi.
A Manifestación irá encabezada cunha pancarta unitaria portada por palestinos e palestinas, co texto en galego e árabe: "Galiza con Palestina. Non ao masacre". Logo irán as pancartas propias das plataformas e das entidades que o desexen.
O Seminario Galego de Educación para a Paz fai un chamamento a toda a cidadanía galega para que acuda a Compostela e participe nesta Manifestación Unitaria de apoio e solidariedade co pobo palestino.
Confiamos en que participedes e difundades ó máximo esta convocatoria.
Acudide con bandeiras e panoletas palestinas.
Vémonos en Compostela o Domingo ás 12:00 horas na Alameda.
Un saúdo pacifista e solidario.

Manuel Dios Diz
Presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz
FUNDACION CULTURA DE PAZ
www.sgep.org
Tfno: 981-561956
Rúa do Valiño 13- 1º
SANTIAGO DE COMPOSTELA



O Seminario Galego de Educación para a Paz-Fundación Cultura de Paz,

como parte da Coordinadora Galega pola Paz, a Coordinadora Galega de ONGDs, a Iniciativa polos Dereitos Humanos, o Foro Galego de Inmigración, xunto coa Fundación Araguaney, a comunidade palestina en Galicia e máis de 60 entidades e movementos sociais galegos, fai un chamamento a toda a cidadanía galega para que acuda á manifestación que terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro domingo, día 18, ás 12:00 horas, desde a Alameda ata a Praza da Quintana, en defensa do pobo palestino e contra do masacre sionista en Gaza.

MANIFESTACION NACIONAL UNITARIA
ALAMEDA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
DOMINGO, DÍA 18 DE XANEIRO, ÁS 12:00 HORAS

CON PALESTINA
CONTRA DO MASACRE SIONISTA EN GAZA
POR UNHA PAZ XUSTA, DIGNA E DURADEIRA
PARA QUE REMATE ESTA MATANZA
VIVA O POBO PALESTINO


A Ghentahla do Pichel
Acsur Galiza
Adiante
AGIR
Alternativa dos Veciños de Oleiros
Arraianos
Asemblea Republicana de Vigo
Asociación Francisco Villamil
Asociación Galaico Árabe Jenin
Assembleia Aberta do Local Social Baiuca Vermelha
Aturuxo Axenpol
BNG
BRIGA
CC.OO de Galicia
Ciberirmandade
CIG
CIMO- Castelao (Coordinadora de Independentes do Morrazo)
CNT
Colectivo dos Mozos Comunistas
Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de A Coruña
Comité de Defensa das Rías
Comités Abertos
Concello de Oleiros
Coordinadora do barrio de Vite-Compostela
Coordinadora de Crentes Galegos
Coordinadora Galega de ONGDs
Coordinadora Galega pola Paz
Corrente Vermella
COSAL
CUT
DSI
Encontro Irmandiño
Esculca
Esquerda Unida
Foro Galego de Inmigración
FPG
Fuco Buxán
Fundación Araguaney
Fundación Galiza Sempre
Galiza Nova
Galiza por Palestina
Iniciativa polos Dereitos Humanos
Isca
Marcha Mundial das Mulheres
Médicos do Mundo
Movemento pola Base
Mundo Sen Guerras
Nós Unidade Popular
OSPAAAL-GALICIA
Partido Comunista dos Pobos de España
Partido Humanista de Galicia
PCG
PCPG
Pen Clube de Galicia
Plataforma Alternativa
Pola Esquerda
Seminario Galego de Educación para a Paz
Sindicato de Estudantes
Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG)
Sindicato Labrego Galego
Socialismo Libertario
Solidariedade Internacional
UGT Galicia
Viraventos
Xustiza e Sociedade

11 de janeiro de 2009

EU TAMÉN SON PALESTINA

Porque o terror non se combate con máis terror
Porque non fan máis que sementar xenreira
Porque non é preciso dar máis razóns.

BASTA XA!!

9 de janeiro de 2009

Lingua de signos

Polo blogue de Mi mami es logopeda descubro esta canción de Tontxu cantada "a dúas máns" en LSE (lingua de signos española) e fico namorada da intérprete, nunca vira signar así!! séntese a música a través dela verdade? pero é que "falando" é igual de doce, podédela ver neste outro video.



Déixovos unhas cantas ligazóns sobre a lingua de signos, unha lingua fermosa para a que deberían dar máis facilidades para aprendela así que dende aquí fago esta chamada a quen corresponda: Máis cursos de lingua de signos gratuítos ou a baixo precio!! porque alomenos os que eu teño vistos son escasos e caros, moi caros. Eu a teño moi abandonada e vou esquecendo os signos menos frecuentes pero espero poder retomala cando teña máis tempo, menos mal que os meus amigos xordos "oblíganme" a signar porque si non xa tiña esquecido até o abc que hai que ver cómo teño a cabeciña eh??
(Tende en conta nos diccionarios que as palabras, aínda sendo LSE, poden variar dunha localidade á outra do mesmo xeito que acontece coas linguas orais).


ENGADO: Un video sobre como ven o Nadal un grupo de persoas xordas, moi triste ver como moitos non teñen con quen falar durante as ceas e síntense un tanto illados. Non entendo como tengo un familiar xordo ninguén ten o interese de aprender a comunicarse con el na súa lingua.
É en LGP (Lingua Gestual Portuguesa) mas descubro con ledicia que temos moitos signos en común :) e tamén cean bacallau na noiteboa!! :D


8 de janeiro de 2009

"Dollar Days"

Polo blogue de One House Schoolroom entérome de que en Scholastic.com están cos "días a un dollar" e teñen unha chea de productos (sobre 400!!) todos a 1$ así que se queredes mercar algo, seica agora é o momento ;) ademáis podedes ver un par de páxinas de proba e baixalas para ver se vos gustan.

E non deixedes de botarlle un ollo ás cousiñas de balde que teñen na web ;)

7 de janeiro de 2009

Xa imos voltando á normalidade do noso día a día, paseniñamente iso si, hoxe retiramos os enfeites de nadal como un primeiro paso e misteriosamente ocupáronnos unha caixa máis.
A fotografía non é miña a pesar da "etiqueta", é dunha pequena fotógrafa que teño na casa e serviu de base para a nova cabeceira.

Por certo, xa me esquecía!!

Unhas semanas antes do Nadal incitabádesme (hihihi) ó consumo varias de vos cunha revista de Juan e Tolola que finalmente merquei e que non tivo excesivo éxito, un par de semanas máis tarde desa compra vimos esta revista "Escuela de princesas" no kiosko e mercámola. Foi un éxito rotundo!! viña con esa saia de princesa/bailarina que serviu de pixama durante varios días, amén de vestimenta. Da revista quedan un par de follas, nunha tarde foi recortada despoxándoa de tódalas princesas que tiña dentro e que foron parar á parede da habitación "Real" axudadas por pegamento de barra.

Se tedes algunha aspirante a princesa non o dubidedes!! que maneira de recortar!! e eu que non sabía cómo facer para que practicara o uso das tesoiras!! :)

2 de janeiro de 2009

Ano Internacional da Astronomía

Este é o Ano Internacional da Astronomía, celebramos que hai 400 anos Galileo mirou ó ceo por primeira vez cun telescopio, no blogue de "días estranhos" fan unha detallada explicación. Como xa imaxinaredes, en canto rematemos o noso proxecto trimestral adicado ó medio mariño comezaremos un novo proxecto sobre o espazo así que se alguén se quere unir xa sabe :)
Unhas ligazóns para ir facendo boca: