13 de dezembro de 2009

Regalos para el alma II

Hoy quería compartir con vosotros el precioso regalo que me hizo Zaït.

*** * *** * *** * *** * *** * *** * *** * *** * *** * ***

Da dor á paz

Ás veces
a vida doe,
e caen bágoas
que fan choiva
que fan torrentes
que fan ríos
que fan mares
que fan océanos.

Ás veces
a vida doe,
como tamén un parto,
pero nai e fillo sorrín,
pero nai e fillo rin,
pero nai e fillo alédanse,
pero nai e fillo comprácense,
pero nai e fillo reviven.

Non temades á dor,
que é o pregoeiro
da felicidade de mañá.
Igual que co parto,
toda dor dá paso
a un momento de paz.

Zaït, 7 de decembro de 2009
A unha amiga que non quere chorar.