Atrás quedou o outono primaveral, o frío chegou cos seus amigos humidade e vento para se quedar e subir polas costas paseniño facéndonos cóxegas.
Xa se sente na terra, enchoupada de auga, que por fin da de beber ás plantas.

Xa se sente nos bambáns, onde só o vento é quen se abanea

Xa se sente nas camas, sendo tempo de abrigalas e vestilas de inverno.

Nós usamos nórdicos, calor lixeiriño e aviar, mas xa sabedes da miña teima con gardalo todo e estas mantas que quentaron a miña nenez tráenme recordos dela, de cando o calor pesaba e tiña arrecendo a la, de cando non se tiraba o que rompía. Estas mantas están cheas de zurcidos e eu podo ver neles á miña aboa cosendo nelas, facendo que duren outro inverno máis.
Canto amor había antes nas cousas, hoxe tírase o roto e substitúese axiña. Eu prefiro o roto, os obxectos vivos e con historia ti non?
Xa se sente na cociña, onde é tempo de prendela coa leña que deu teito durante o verán ó lagarto.
Canto amor había antes nas cousas, hoxe tírase o roto e substitúese axiña. Eu prefiro o roto, os obxectos vivos e con historia ti non?
Xa se sente na cociña, onde é tempo de prendela coa leña que deu teito durante o verán ó lagarto.

E onde quentamos as mans coas castañas que apañamos na castiñeira dun veciño que anda emigrado lonxe da terra.
Non son boas as castañas este ano, moita seca quitoulles o sabor e impediulles crecer mas paga a pena facelas aínda que sexa só polo arrecendo co que enchen a casa.
Non son boas as castañas este ano, moita seca quitoulles o sabor e impediulles crecer mas paga a pena facelas aínda que sexa só polo arrecendo co que enchen a casa.

E Xa se sente na casa, que pasa de ser lugar de paso para converterse en lugar de acollida, pois é tempo de quedar dentro, protexidos do vento frío e a choiva.





















9 dixeron que...:
Que ricas las castañas! Me encantan!
Zepequeña.
qué post más bonito!
Bambans! me encanta!
Hoy en Barcelona hacía muchísimo aire y era muy desapacible pasear... así que hemos pasado toda la tarde en casita, la mar de calentitos... me encantan los días de reposo en casa cuando parece que las horas se estiran y haces un montón de cosas en familia. Besitos!!
Grazas meninheira!! emocionoume moito o teu post. Nos intentamos disfrutar desas cousiñas cada finde semana na casa da avoa.
saudiños
Mary
zepequeña, a mi también! asadas o cocidas, mmmmm :)
Sí que es una palabra preciosa marvan y cuando te columpias dices: "bam bam, bam bam" :D
moni ahí también os llegó el otoño! a mi también me gustan esos días pero ya al final del invierno acabo harta!! hahaha y quiero ya que venga el buen tiempo para salir de casa.
Mary qué ledicia ler galego nos meus comentarios! acontece tan pouco! Alégrome moito que che gustara o post e agardo voltar lerte por aquí ;)
Besitos para todas, gracias por vuestra visita :)
Ya tengo los enlaces
http://miscosillasdetodounpoco.blogspot.com/2009/11/happy-halloween.html
y
http://miscosillasdetodounpoco.blogspot.com/2009/10/otono.html
Aqui de un calidisimo otoño hemos pasado a un otoño frio, asi que las salidas estan restrigidas. Las castañas creo que la rara voy a ser yo pq no me gustan si voy a ser yo
besos
hahaha mariajosé, aquí no era!! era en el de los participantes hahahaha. Te añado ahora ¿si?
Aquí también pasamos de un calor primaveral a de repente el frío y mira que no gustarte las castañas, con lo buenas que están... :DDD
Un besito, voy a ver :*
Qué frío, e que ganas dunhas castañas xunto ó lume...
Qué post máis fermoso!
bicos
Diana
Moitas grazas Diana! estou moi contenta de facervos sentir o frío e o calorciño e que os desfrutedes conmigo :)
Un biquiño e re-bemvida! :)
Postar um comentário