11 de novembro de 2009

Equinos por todas partes!

O proxecto desta semana (quero dicer desta quincena) era un pouco complicado porque nós tampouco puidemos mercar o cabalo, así que nos tivemos que conformar cuns cabalos de caixa de cereal.

Palabra clave: cabalo

Para facelos empregamos a plantilla da xenial artista Ann Wood (non deixedes de visitar o seu blogue porque é unha marabilla para a vista, eu hai tempo que a sego e soño con facer algún dos seus barcos. Déixovos unha ligazón directa aos marabillosos cabalos que ela pintou e tamén aí podedes descargar a plantilla por se vos animadesa a provocar unha estampida na parede).
Palabra clave: cabalo

Un deles converteuse en unicornio polo camiño.
Palabra clave: cabalo

Despois fixemos ferraduras e tamén xogaron a cabalos con elas, claro.
Palabra clave: cabalo

As ferraduras quedaron preciosas, a ver en que as empregamos, seica unha grilanda. :)

Palabra clave: cabalo

Vedes os cabalos arriba de todo?
Palabra clave: cabalo

No final decidimos non perforar onde van os cravos.
Palabra clave: cabalo

E que me dicides dos agasallos desta?
Palabra clave: cabalo

E o homiño nesta? cáeseme a baba!! :D
Palabra clave: cabalo

Deíxovos a miña plantilla.