21 de outubro de 2009

Proxecto semanal: Pegadas

Este post podería subtitularse de dúas formas tendo en conta o que fixemos:

1. Pegadas por todas partes!
A actividade empezou de forma ordenada, cos animaliños e demais criaturas deixando as súas pegadas características.



Mas rematou como "el rosario de la aurora"!! :DDDDDDD


2. Seguindo o rastro
Outro día, aproveitando o solciño fomos para fora e debuxamos e recortamos pegadas, por suposto empregando caixas de cereais :)
Para inspirárense empregaron a fantástica guía de campo que veño usando dende que era unha meniña: Fauna y flora de Europa, guía de campo básica (Blume) e que xa vos recomendara aquí.

Primeiro debuxaron.
Non vos parecen unha monadiña? ou como dirían polo mundo adiante: supercute!! XD, ou como din os portugueses, unha fofadinha.
O círculo da esquerda é a pegada dun virus: "como non teñen pés..."


E despois recortámolos e puxémolos polo chan. Para rematar fixeron lupas e seguiron o rastro deixado por todos os animais que pasaron polo"xardín" de endiante. Na foto vense pegadas de serpe, de verme, de oso, de cabalo, de neno,... E "a través" das lupas vense as pegadas dos animais!




Curiosamente, por aqueles días fixeron un magnífico post en imagine childhood: ...tell me a story: the art of seeing, non deixedes de ir ver.


EDITO e engado un fantástico recurso:
Animal Tracks, Let's make a match - a matching game

4 dixeron que...:

paideleo disse...

Mui instructivo todo. Ata aprendín como son as pegadas dun virus !.

Sandra y Javi disse...

Me ha gustado mucho la idea de las huellas con la pintura y los animales de jugete. Seguro que la haremos. besos

Zepequeña disse...

Geniales!

Zepequeña.

Meninheira disse...

hahaha paideleo, agora tes que mercar unha lupa para evitalos hahaha

sandra, seguro que le gusta a Airam!

zepequeña, gracias, me alegro mucho que te gusten :)


Un besito para los tres, gracias por la visita y el comentario cariñoso :D