13 de maio de 2009

Case sae o xoves :P

Esta semana non teño ningún blogue ou web nova relacionada co ensino na casa mas non quería deixar de facer un post do mércores onde gosto de compartir con vós cousas variadas :D

O primeiro que me gostaría é compartir unhas citas con vos :)
A primeira é de Josep Mascaró que para quen non o saiba é un avó de 102 anos protagonista dun anuncio de refrescos, pois ben, hai tempo vin unha entrevista que lle fixeran na tele rodeado da súa familia. A reporteira preguntáballe polo segredo da felicidade e el dixo: "hacer las cosas bien" e canta razón teñen esas 3 palabras!! todos podemos equivocarnos e facer algo mal pero levar o ben como bandeira é sen dúbida o mellor xeito non só de ser feliz, se non de repartir felicidade. Tamén na mesma entrevista falaban da amizade e dixo dos amigos: "si son familia, son amigos, si no no lo son". Canta sabiduría pode dar este home, canta sabiduría hai nas palabras dos vellos, hoxe tan desprezados pola sociedade :(

E a segunda cita é de Eduard Punset que escoitei nun video no blogue de Jacqueline: La vida desde mi ventana, o video é precioso, recoméndovolo ver, nel fai un recorrido sobre a súa vida e case o final falan do debate sobre si hai vida despois da morte e el fainos ver que o importante e o que temos que preguntarnos é "si hay vida antes de la muerte". É unha frase tan redonda que non quero dicer nada, espero que vos faga pensar.


E por outra banda gustaríame ensinarvos as diademas-tocados que fixen porque igual vos animades a facer as vosas.


Son ben doadas de facer como vedes na foto de enriba e despois hai dous xeitos de darlles uso, podédelas coser nunha diadema na que previamente lle enroscades unha fita (ou ben mercades unha que xa teña tecido onde cosela)


ou cosedes a flor a unha goma. Sinxelo verdade? e fica espectacular


(a foto é unha chafallada pero quería que virades como queda)


Jacqueline concedeume outro marabilloso premio que lle agradezo profundamente :)



E outra cousa que vos quero ensinar e que me ten namorada. Hai tempo que teño en mente facerme un colar onde estean dalgún xeito recollidos ou representados os meus peques e teño mirado moitos, algúns poñen o seu nome, outros gravan a imaxe do neno no metal,... pero istos de lucky me beads téñenme namorada, podes escoller como queres que sexa, personalizalos ó teu gusto, son perfectos! gústanvos tanto como a min? :)



E para engadir ás casiñas que van facer o pobo dos meus soños teño un dilema esta semana porque non sei cal escoller da chea delas que teñen en Posh Tots Toys, creo que vou quedar co forte do rei ou o de Robin Hood hehehe

E agora é cando digo o de "mardito parné" XDDDDDDDDDDDDDDD