20 de abril de 2009

Galego ou castelán, that's the question

Cando empecei a escribir o blogue tentada pola miña xemelguiña e por un amigo, sempre pensei que a cousa quedaría "na casa" pois os temas que trataba máis a miúdo falaban da lingua ou eran cousas do país. Pero foron chegando as visitas ó salón e viñan (víñades!) de todas partes e eu marabillábame que sendo un blogue en galego a comunicación non tivera atrancos, que tanta xente puidera vir lerme a pesar dos problemas de entendemento, mas a verdade é que cando un quere comunicarse as linguas son secundarias porque o que fala é o corazón.

Hoxendía o 99% dos comentaristas habituais sodes de fora da Galiza (e non sei se exaserarei) e dos que só veñen de visita tamém a maioría é de fora, e mesmo hai algúns (bastantes) que vindo da Galiza empregan o traductor, asi que empurrada polo meu home e porque esto empeza a ser moi, moi raro ;) é que fago unha enquisa como Xia fixo no seu día.

A "cousa" seguiría igual mas postearía en castelán, non mudaría o nome do blogue, nin o das etiquetas. Vós tendes a palabra: cómo queredes ler o "Dálle un coliño"? en galego como viña sendo até agora ou en castelán?

A enquisa tédela na columna da dereita.

Pobo, fala!! XDDDDDDD