9 de abril de 2009

Esta semana o post do mércores sae o xoves :)

Esto vai tomando aspecto de epidemia, tamén há blogues e webs novas esta semana!!

E este mes tamén me mimaron un pouquiño na blogosfera.
  • No blogue de HablapormidiceIago, déronme este premio que foi criado por Maite e que ven acompañado dun marabilloso vídeo que vos vai encantar.


Estou desexando ver estas dúas películas:
  • The biggest smallest movie. Coraline, unha película feita a man nestos anos de manufcturado e que estrean na España este agosto

Conta a historia dunha rapaza que abre unha porta secreta na súa casa que a leva a unha outra versión da súa vida moi semellante pero moito mellor, aparentemente hehehe.
  • Dónde viven los monstruos, que parece ser que se estrea en outubro na España e que descubrín gracias (grácies) o blogue de Coses de nens e que está baseada no marabilloso libro do mesmo nome de Maurice Sendak



Por outra banda, con todas as casiñas que estou a atopar creio que vou montar un poboado para que "os nenos" (ehemmm) brinquen, haberá casiñas de tódalas cores e formas, algunhas xa as víchedes e xa vos inspiraron ou tentaron. E Por suposto non pode faltar esta casiña que semella a do Sr. Bolson.
Non vos parecen preciosas? pódese escoller entre varias cores, varios deseños ou mesmo podes porlle un deseño proprio. Tedes todas as opcións en qb.