23 de abril de 2009

Celebrando que vivimos neste planeta e non en Venus

Tiña pensado coller o globo terráqueo e celebrar un cumpreanos con tarta e todo mas a realidade impúñose e finalmente fixemos algo máis "terreal", e isto hai que lelo literalmente :D Non vos podedes imaxinar como acabamos o dia todos! Na lavadora están até os tenis! Non gaño para lavadoras XDDD

Traballamos man á man coa terra e coa auga. Non só regaron o recén transplantado senón que acabaron regándose entre eles, "vanme sair flores porque me reguei as mans"...
Recoñecedes o pantalón?

Emporcámonos, ehemmmm fundímonos, coa madre terra no noso actual "terrario" e futuro areeiro. Qué traballo estamos a levar! o meu home quixo facer un areeiro de tamaño industrial (eu como boa muller non lle levei a contra, claro hehehe) e non vexades o que tal temos que cavar! De aquí o verán vexo a todo o pobo (non chegamos a 20 veciños) cos pés dentro e unha limonada soñando que estamos na praia.Fomos dar un paseo até o río e de camiño atravesamos o pobo
e atopamos "a bici do pai de Brancaneves"
Mais ben era eu a que paseaba,
Eles corrían

Ou botábanse de bouladelas (a rolos)

A terriña alédanos os ollos, non é de estrañar que a morriña sexa unha palabra galega, é imposíbel non ter morriña disto.
(Nota para as irmãs portuguesas, a morriña nossa é quase a vossa saudade)
(As do norte de España e norte de Portugal desfrutan de paixases moi semellantes, verdade?)

E chegamos ó... ehemmmm río.
Por suposto meteron as mans e non se bañaron porque os puiden conter.

E así pasamos o día de onte e vos?
(Nota para Ipe: aínda teño a roupa a esperar, vou seguir o teu "consello" e perde-lo ferro).