18 de março de 2009

Proxecto semanal inchado

Para este proxecto fixemos pintura inchável. É moi doada de facer, bótase nunha cunca a mesma cantidade de fariña que de sal, un pouquiño de fermento e reméxese todo. Despois váiselle botando auga para formar unha pasta finiña, pouco mesta.
A continuación repártese a pasta en varias cuncas pequenas, engádeselle o colorante a cada recipiente e remexemos. Nós empregamos "azafrán de mentiras" e xis en pó de cor azul, cando xa tiñamos as misturas feitas fixemos verde misturando as dúas cores.

Xa unha vez feita a pintura só nos resta empregala. Como é líquida e un pouco mesta, imos empregar cartón para pintar nel
(nós para non perder o costume empregamos cartón de caixa de cereais) e pauciños de algodón (deses de limpar as orellas) para aplicar a pintura.
Unha vez rematadas as nosas obras de arte, metémolas no microondas coa temperatura máis alta durante 20-30 segundos, teredes que probar que temperatura necesita a vosa mistura para inchar porque a nós se nos turrou un cartón e revirichouse todo :D
E xa está!!
Un sistema solar de cores, sensitivamente é unha gozada pois as gotiñas quedaron moi redondas, parecen garavanzos cortados á metade. Eu, que sempre que podo intento participar tamén, dinlle releves á nosa Lúa e agora pódese ver tamén cos dedos.
E outras obras, a da dereita é unha vista de Xúpiter