6 de março de 2009

Os disfraces

Creo que en case todas as casas onde viven nenos hai unha caixa, un baúl, ou mesmo unha maleta chea de roupas para disfrazarse.
Na nosa casa temos un percheiro.

No noso percheiro están penduradas as ás, as bolsas, e os disfraces que na súa meirande parte foron feitos a man, algúns por min e outros que foran meus de cando pequena, pola miña avoa.

Hainos de todo tipo: de médico, de fada, de bailarina, de princesa, de morcego,... E acompáñanse de calzado e outros materiais que axudan ós nenos a desenrolar diferentes roles e dar ás a súa imaxinación.

Se tivera que facer unha listaxe de material "imprescindível" incluiría zapatos de tacón, chapeus de viquingos, vaqueiros, bombeiros, policías, un tocado indio, tamén material "médico" e para xogar a peitearse-maquillarse, gafas e luvas e por último iso que os americáns chaman un playsilk.

Os playsilks ou panos de seda ou similares, xogan un papel importante, pois son un material moi versátil que tanto pode ser unha capa de superheroe, como o velo dunha noiva, unha alfombra voadora, un mantel, un vestido, unha manta, un tellado,...


OFFTOPIC: Pilar, daste conta da decoración da parede? :)