5 de março de 2009

A illa de Nim

O outro día vimos esta película (os papis, a pequenada seria incapaz de aturar tanto tempo sentada mirando para a tele :DDD) e quérovola recomendar, non só porque Nim fai ensino en familia, se nón porque é divertida, con aventuras, acción, natureza,...

Unha peli que fala da forza interior que temos todos, de superarse, de crer en si mesmo, ademais actúa Jodie Foster que é unha das miñas actrices favoritas, qué máis se pode pedir? Nós botamos unhas boas risas e desfrutamos coa peli, o único que non me gustou moito foi o final, pero apenas son dos minutos.

Deíxovos o trailer da película (en castelán)