4 de março de 2009

Mercores "compost"

Case fico outra semana sen post do mércores, coma se me quitaran un día da semana mas finalmente aquí está, creio. ;)

Os blogues sobre ensino en familia ou de xente que fai ensino en familia esta semana son:


E para as que aínda non o coñezades, avisarvos de que se pode seguir en rigoroso directo ;) o que acontece no niño dunha aguia do Parque do Garraf, coma un Gran Irmán paxariteiro calquera. Ten dous oviños que se todo vai ven nascerán para abril, non deixedes de botarlle un ollo.


Tamén vos quero ensinar o fantástico sistema de orde que podedes mercar en Pottery Barn, eu quero un así, ben, case podo dicer... necesítoo!! :D
Non vos parece incrível? creio que non lle falta de nada.

O soño de calquera familia ordenada ou con pretensións de se-lo i é que con esta cousa éntranche unhas gañas tolas de arrumba-lo todo!! :DD

Un vídeo fermoso:



E para rematar deixovos cunha alternativa en forma de libro de tea ós cadros de vestir Montessori que ocupa menos espazo que pode facer (case) calquera, en fin, que me encantou!!



Podédelo ver enteiro no blogue de Forty two roads e tamén outra versión con máis actividades no blogue de Little Hands, big Work.