10 de fevereiro de 2009

Proxecto semanal rodado

Para o proxecto desta semana aproveitamos un momento de calma entre temporal e temporal (sabedes que levamos no que vai de inverno máis de 60 temporais, un detrás doutro?) para ir patinar.

E tamén montamos un tenderete cunha morea de envases que tiña gardados dende fai tempo por se servían para algo.

Preparamos un montón de obxectos (de xoguete) para tirar rodando polo tunel: pelotas, tomates, ovos,...

E alá pasaron un bo rato tirando cousas polos tuneis despois reconvertidos en tobogáns polos que desceron bonecos, animais,... (na primeira foto adivíñase o traxe de tule dunha princesa i é que na casa é entroido tódolos días).