20 de fevereiro de 2009

Outro artigo sobre Ensino en familia

Hoxe La Vanguardia fala de ensino en familia na España con dous artigos de Mercè Beltrán, á quen temos que felicitar polo artigo, onde a pesar da súa curta extensión fai un bó repaso á situación do Homeschool no noso país dende o respeto. E por outra banda pedirlle a algunhas das persoas que dan a súa opinión no artigo que sendo como son representantes de institucións públicas (e polo tanto de todos) informaranse antes de realizar aseveracións que non se axustan á realidade.

Do primeiro dos artigos: "Dos mil familias españolas optan por formar a sus hijos en casa" traiovos este anaquiño (a negriña é miña) como xeito de animarvos a participar nos estudos sobre o homeschool porque é preciso falar dende a obxetividade, porque o único xeito de falar con propriedade sobre un tema é telo estudado a priori.
Los partidarios de educar en casa afirman que sus hijos son mucho más curiosos y creativos que el alumnado escolarizado de forma ordinaria; que tienen un espíritu crítico más marcado que los otros niños, menos miedo al fracaso y que son más ingeniosos a la hora de resolver situaciones nuevas. No hay ningún análisis fiable independiente que avale tales aseveraciones. Algunos estudios no contrastados señalan que estos niños son más brillantes que el resto del alumnado. Los críticos al sistema rebaten que si dan mejores resultados es porque los controles se han hecho cuando los padres estaban seguros del éxito de sus hijos.
Na columna da dereita dispoñedes dunha enquisa ("Es partidario de educar a los hijos en casa") aberta a todo o mundo e se estades rexistrados tamén podedes deixar un comentario.

O segundo artigo, "Aprenden disfrutando", é unha reportaxe sobre unha familia homeschooler e aparece na edición impresa, aínda que se pode ler parcialmente na ligazón, a totalidade está disponível ós subscriptores ou previo pago.