9 de fevereiro de 2009

Betty Boop

Xa rematei a miña Betty Boop, da que vos ensinara os comezos nesta mensaxe. Levoume moitas horas dun gratificante e duro traballo e creio que me vou facer unha pra regalarma (en canto recupere un pouco as costas e os ollos hehehe).

É unha pequena almofadiña duns 15cm para pendurar do pomo dun armario ou de onde ti queiras por ese laciño vermello. Rodeeina con esos "madroños" pequeniños que representan tan ben os caracoliños do seu cabelo e que me traen recordos dos anos 20-30, non vos sabería dicer por qué.

O cabelo fíxeno de feltro e o resto está todo cosido. Como vedes fíxenlle caso a Marcela e non lle cosín as xoias de fío laranxa senón que finalmente púxenlle xoias case de verdade. E para a liga tiven que aprender a facer o nó francés para a floreciña.

Espero que vos goste tanto como eu gostei de facela e se alguén se anima por favor que despois ma veña ensinar.

Este post forma parte do "desafío" mensual de Meet me at mikes :)