11 de dezembro de 2008

Vou traballando, vou!!

Rematei unha estreliña de mar que tamén levaba tempo esperando na miña cesta.
Case non se ve pero por detrás leva bordado "08", hai pouco que aprendín a coser así grazas ó San Google :) e por suposto xa está a enfeitar o noso panel do proxecto trimestral.

E un adianto da estrela da nosa árbore de Nadal
Gústavos? Estanme a dar un traballo as contas do borde...


E isto non ten que ver, onte faloume a miña nai dunha noticia desas que te aquece o corazón, como non vexo a tele non vira as imaxes pero hoxe puiden velas no blogue de Janil, non deixedes de velas, estremecen pero paga a pena, por iso este post tamén leva a etiqueta de "iniciativas fermosas".