20 de dezembro de 2008

A ratiña Lola

Antes da chegada do bipartito fixérase un CD en galego para nenos pequenos acompañado dunha enorme campaña de reparto do mesmo e podías pedilo de balde nunha web chamada Cativadas, coa chegada do novo goberno ninguén se lembrou de renovar a web. Non se pode dicer que fora un excelente traballo mas estaba aí, un xogo para que os cativos puideran xogar coa súa lingua. A deus grazas un blogueiro (Opaco) colgou de novo a web de Cativadas no seu blogue para que tanto os nenos como os pais ou os mestres puideran seguir empregándoa.

Na casa levamos moitos anos xogando coa ratiña Lola, pese a todos os seus fallos, eu recoméndovola.
  • Se queredes xogar coa ratiña Lola, ide á nova web de Cativadas.
  • Se queredes baixar o CD para desfrutalo sen ter que estar conectados á rede, preme AQUI.