12 de dezembro de 2008

Conto nun molde. O coelliño branco

A nosa merendaconto ou "merenda especial sorpresa" que é como lle chaman na casa, baséase no conto de O coelliño branco, do que falou hai nada a toliña :).

Ilustrado por Oscar Villan e editado por Kalandraka, levou o Premio Nacional de Ilustración no 1999, é un conto que fala de cooperación e de como David (a formiga) pode vencer a Goliat (a cabuxa).
O conto fala dun coelliño que foi buscar coles á horta, que están representadas por esas tres flores de patacas chips e pistachos, para facer un caldiño (que sería o actimel hahaha), pero topouse cunha cabuxa mandarina (vedes os cornos?) que lle okupara a casa e para botala topouse con moitas pedras no camiño (os pistachos) en forma de animais medosos.