10 de novembro de 2008

Proxecto semanal vial

Para o proxecto semanal da semana pasada ademais de xogar a ser semáforos construímos un cunha caixa de zapatos forrada de papel maché. Para os círculos pegamos unhas tapas e despois as cubrimos tamén co papel de xornal, por último pintamos todo con témpera azul e colamos con velcro os círculos de feltro de tal xeito que se poidan descolar doadamente.
E aquí tedes o resultado, usado agora como enfeite pero colgado de tal xeito que se poida baixar doadamente para xogar con el.