17 de novembro de 2008

Proxecto semanal encerado

Este proxecto semanal tivo moito éxito e foi desbarallando coma se fósemos caranguexos ou ermitáns, que como todos saberedes son os reis do desbaralle :D

A proposta era debuxar cunha candea de cera branca nunha cartolina negra

E quedáronnos uns debuxos moi fermosos. Non vos parece unha rúa asfaltada chea de confeti mollado, ou a mesma estrada fotografada despois de chover?

Tamén tocamos os debuxos para sentir o releve que formara a cera das candeas, tan suave!

Mas o final remataron facendo debuxos no ar co fume que desprendía a candea apagada e volta a acender, e cantando o "Parabéns para ti" unha e outra vez e, como non, soprando a candea ó rematar a canción.

En resumo foi un proxecto moi exprimido :D