7 de novembro de 2008

A nai de todos os sorteos

Polo blogue de Janil coñezo un supermegasorteo no que participan varias tendas, cada unha cunha ou máis das súas creacións. A iniciativa parte de Sweetfigments e para participar só tendes que facer un post sobre aquel (ou aqueles) premios que máis vos gusten. Mirade qué cousas máis monas:
E copiando vilmente a Janil (e aforrando o esforzo de ler en inglés):
Tendes que deixar un comentario ao final deste post co voso e-mail, enlace ao post que fixestes e o nome da tenda da que falastes. Podedes bloggear sobre os 30 premios , máximo dous posts por día!! e podedes escribir sobre:
  • O voso produto favorito nesa tenda, cunha foto en un enlace á tenda.
  • Un produto que vos recorde unha historia sobre vos ou a vosa familia
  • Que comprariades e para quen
  • Criticando e dando a vosa opinión sobre a tenda
  • Entrevistando ó proprietario da tenda
  • Escollendo 4 produtos que creades que quedan ben como grupo por cores, estilo, etc
  • Facendo unha lista do que vos gustaría comprar destas tendas
  • Explicando por que vos gusta unha tenda
  • Escollendo un producto que creades que é un bo agasallo de Nadal para os pais ou os avós
  • Escribindo un post para invitar ós vosos amigos a coñecer a iniciativa
Tendes de prazo até o 4 de decembro

Todos a probar sorte!! Tocarame algo? Que credes? Admítense apostas :DDDDDDDDDDD