12 de outubro de 2008

Xa empezo a estar preocupada :D

Seica está todo o mundo de sorteo!! e a min aínda non me tocou nada!! E a ti?
Polo de agora temos a Belén que lle tocou unha "mamaliguiña". A ver se temos sorte o resto. :)

Temos de sorteo a:
Aliena's Land, que mirade as cousas tan bonitiñas que fai:


Tamén temos a estherimenta, que sortea un dos seus broches "mariquitinas", que son bonitos de rabear


Está Fall in Style, que sortea unha sorpresiña, e mirade qué cousas bonitas fai:

(Ten a avoa ingresada por un infarto así que espero que lle deixedes tamén un comentario cheo de boa enerxía).

E para rematar (polo de agora), Berreca sortea unha bolsa supergato para ir ó super.


Meu Deus Janil, nen se che ocorra participar!!! Esta Magerit é pra min!!

EDITO: Para o concurso de Magerit pídese que digamos cal é a nosa canción neste momento. E a miña é "La araña pequeñita" LOLLLLLLL Estou todo o día a cantala por petición popular ou ben para adurmiñar ó pequeno, cando pasen os anos e outras cancións veñan a tomar o relevo esa será a canción que me faga recordar estos meses.
Non atopei a nosa versión exacta, pero o video aproxímase, esta é a que nós cantamos:

La araña pequeñita
Tejió su telaraña
Vino la lluvia
y se la llevó
Luego salio el sol
y la lluvia se secó
y la araña pequeñita
otra vez tejió.

Moita sorte a todas!!