24 de outubro de 2008

Toxo power

Bela chorima. É curioso porque se me poño pensar en iconas galegas só me veñen á mente prantas: o toxo, o carballo, a xesta...
Hai moitos anos coñecín un galego que estaba emigrado en Nova Iorque e contárame que tiña amigos aló que levaran toxo para plantar nos seus xardíns e a min enchíame de tenrura imaxinalos matando a morriña a golpe de toxo, vai ti a saber se non serán os culpáveis da praga de toxo que teñen nos USA.

O rei zentolo tiña unha camiseta moi bonita co mesmo lema e este deseño: