16 de outubro de 2008

Que terán Os Bolechas?

Seguro que xa coñeceredes esta familia de 6 fillos do debuxante Pepe Carreiro que eu non sei que terán que tanto gostan ós nenos!!

Son un éxito editorial sen precedentes da literatura infantil galega, mesmo hai un libriño adicado ó nadal no que (como non) xantan bacallau con coliflor. Ós primeiros contos seguíronlles unha chea de produtos relacionados:
  • Libriños onde as personaxes móvense ó pasar as follas.
  • Libriños para dar cor,
  • Libriños con autocolantes,
  • Libros de baño,
  • Libros de texturas,
  • Quebracabezas,
  • Lápis, mochilas, cadernos,...
  • Postais para as máis variadas ocasión, (eiquí podedes baixarvos uns convites deles)
Por se non os coñecedes, deíxovos unha ligazón de A Nosa Terra (a editora) onde poderedes ler 9 capítulos dos Bolechas.


Imaxes extraídas do blogue: O Trasno Viaxeiro

Por certo lm, viches que estos rin con gheada? ;)