2 de outubro de 2008

Proxecto semanal, tema: xornal

Pido desculpas por non ter posto onte a mensaxe do proxecto semanal, a verdade é que ando un pouco xustiña de tempo. Tamén teño que desculparme porque aínda non teño todas as fotos pero en canto as teña xa as engado.

Nós fixemos:
1. Barquiños de papel pintados coas cores do arco da vella ;)
2. Un globo aerostático que vai polo aire ;)
Edito para contarvos que está feito coa técnica de papel maché, para pegar os anaquiños de papel de xornal (que como sabedes hai que rasgar, non cortar cunhas tesoiras) usamos cola de trigo, o que se coñece co nome de engrudo.

A nosa receita do engrudo:
Poñemos 1 litro de auga a ferver e botamos 100g de fariña triga, misturámolo todo coa axuda da "minipimer". Cando volva ferver apagas o lume e seguimos revolvendo até que xa toma consistencia de "engrudo" ;) , botamos un chorriño de vinagre (que seica axuda a que se conserve mellor) e xa está listo. Tamén hai quen lle engade unha culleriña de asucre ó final para darlle máis forza á cola.
O que sobre hai que gardalo fechado na neveira, non máis dunha semaniña.

Finalmente pintamos con tempera e a cesta está recoberta de papel pinocho (creio que se lle chama así).

3. Unhas bandeirolas para enfeitar
Feitas con follas de papel de xornal dobrado e despois pintámolas con témperas.
Poño unha foto dunhas cantas e quedo a deber a foto de todas as bandeirolas postas sobre o fío ;)




(As fotos vense un anaquiño máis grandes ó clicar enriba)