8 de outubro de 2008

Federación Galega de Asociacións de Apoio á Lactación Materna

Fedegalma: Federación Galega de Asociacións de Apoio á Lactación Materna

Moitas veces as nais lactantes atopámonos sen profesionais que nos saiban asesorar ou o que é pior, asesórannos erroneamente. Xeralmente a quen primeiro se acode a resolver as dúbidas é ós xinecólogos ou ós pediatras e nem sempre están bem informados, bem porque basean as súas recomendacións en prácticas que hoxe en día están desfasadas por demostrarse que son erróneas ou bem por total descoñecemento en torno á lactación materna.

A primeira mellor escolla son as parteiras que teñen polo xeral bos coñecementos en lactación materna, pero se a túa parteira non é quem de resolverche as dúbidas ou os problemas que teñas coa lactación, non fiques coas ganas!! ponte en contacto con algún dos grupos de apoio á lactación que existen, teñen coñecementos dabondo tanto teóricos como prácticos para poder axudarche ou en caso de dúbida para desviar a consulta a outros profesionais.

Se queres ler en liña sobre o tema, na España temos ó Comité de Lactancia Materna da AEP (Asociación Española de Pediatría), ó que podedes tamén dirixir as vosas dúbidas e que concorda nas súas recomendacións coas dadas pola Asociación Americana de Pediatría e a OMS (1 e 2).


Para empezar podedes ler as recomendacións para o aleitamento materno da AEP e se cadra imprimirllo para o voso pediatra ;)