3 de outubro de 2008

Campaña solidaria de Nadal

Polo blogue de Janil entérome dunha iniciativa preciosa promovida pola rede de xogueterías Imaginarium, Fundación Antena3, Onda Cero e Mensajeros de la paz e trátase da recollida e distribución de regalos de Nadal para nenos.

Pero os agasallos non son calqueira cousa, senón que estarán feitos con todo o amor duns nenos para outros, e terá que ir nunha caixa de zapatos (para que todos reciban un agasallo do mesmo tamaño) que os nenos terán que adornar e encher.

O prazo para recoller as caixas é do 3 ó 15 de Novembro.

Para máis información: Un regalo lleno de Navidad