16 de setembro de 2008

Tarta de cueiros I

As tartas de cueiros son agasallos moi agradecidos para os nacementos pois aínda que se lle poden engadir diversas cousas a base principal son os cueiros e hai que ver o que gastan os nenos en cueiros!!

Este é un dos encargos que me tiveron liada esta semana pasada. Esta tarta é para unha meniña e leva ademais dos cueiros, produtos de hixiene, unha tetina e unha cadeniña de chupeta.

Pódense facer de moitos xeitos, eu fago un roliño cos cueiros e vounos dispondo en círculo, despois fago o mesmo nos outros andares. No centro pode levar outro cueiro ou ben outra cousa, neste caso leva os produtos de hixiene. Para rematar póñense outros cueiros abertos rodeando a base.