7 de setembro de 2008

Psicoanálise a través das estanterías

ando visito unha casa gosto moito de ver que libros hai nos estantes, esas pequenas bibliotecas que temos nas casas e que vamos "criando" pouco a pouco, e digo criar porque os que amamos os libros non creamos unha biblioteca, máis ben a criamos verdade? Planeamos as compras coma de pequenos embarazos se tratara e cando chega a casa o novo, tratámolo coma se dun recén nado se tratara, colléndoo co mesmo coidado que se collen aos bebés o "coidado co pescociño!" ven substituído polo "coidado coas tapas!" e cheirámolos coma se cheiran ós bebés, adoro o arrecendo dos libros novos!! e tamén están as anotacións que imos engadindo neles, os subliñados, os recortes que levan dentro, esas marcas que os fan "da casa" a nosa pegada, como a que deixa o contacto nos nosos fillos. E por todo isto as bibliotecas caseiras din tanto dos seus donos, por elas non só podemos adiviñar como son, se non tamén cales son os seus soños, o que lles aquece a alma,... e a ausencia delas desconcértame moitísimo, é coma se faltara algo, como se a casa (o fogar) estivera a medio facer.

Deixovos un anaquiño da nosa biblioteca cunha rosa recén cortada como se dun día de San Jordi calquera se tratara, a ver qué sacades del ;)
Clicando enriba vese un pouquiño máis grande