23 de setembro de 2008

Mimiño á proximidade

Janil-nilja concédeme este "premio" á proximidade.Seica é unha reivindicación á unidade blogueira, polo que hai que por o texto propagandístico seguinte:

"A todas encántannos os blogues, na maioría deles os seus obxectivos son mostrar as marabillas e facer amizades; hai persoas que non se interesan cando lles damos un premio e deste xeito contribúen a cortar eses lazos; queremos que se corten ou que se propaguen? Daquela tratemos de prestar máis atención a eles!"

Pois ala, que non se diga que eu vou rompendo cadeas coma se dunha liberadora calquera se tratara hehehe, vou dar os 6 premios que me corresponden.
Hai moitos blogues nos que sentes ós seus "donos" próximos, nos que aínda que non os coñezas sentes que non amolas, así que os meus premios van para eles como agradecemento por facerme sentir ben porque o sorriso está moi infravalorado e se tí sorrís farás sorrir a outro e se non rompemos a cadea o mundo enteiro estará a sorrir.
Grazas de corazón!
  • O primeiro premio vai de volta para Janil, porque o seu creo que foi o primeiro blogue onde eu posteei e porque non nos coñecemos pero ás veces semella que fai anos que así é (por suposto non espero que repitas a cadea ;) )
  • O segundo vai para Azu, porque sempre ten unha palabra de alento para todas, un comentario de ánimo,...
  • O terceiro vai para Marvan, porque ainda que fai pouco que coñecín o seu blogue é moi acolledor.
  • O cuarto vai para Cristina, porque o seu blogue tamén é moi cercano.
  • O quinto vai para a Tartaroucha, que tamén te fai sentir en casa.
  • O sexto vai para a Caranguexa que ten un desbaralle de blogue que tamén sente un moi próximo.