15 de setembro de 2008

Mami, as bolboretas teñen boca?

- Non, non teñen boca, teñen unha trompa pola que comen
- Coma os elefantes?
- Si!
- E os elefantes non teñen boca?
- Teñen, si, debaixo da trompa.
- E como comen as bolboretas?
- Pola trompa, coma ti cando usas unha palliña para beber.


As bolboretas aliméntanse succionando líquidos empregando a súa probóscide ou espirotrompa.