23 de setembro de 2008

A ficha que fixemos hoxe

Hoxe fixemos unha ficha de colorar despois de falar un pouco sobre a entrada do outono que se produciu onte e que trae consigo unha baixa nas temperaturas e que as follas das árbores empezan a tinguirse de amarelos e marróns para finalmente caer.

O debuxo trae unhas follas de carballo (árbore galega onde as haxa) cunhas landras. Por certo, por se non o sabedes, as carapuchiñas das landras son empregadas polos ananiños dos bosques coma chapeuciño. ;)

Déixovos a ficha para que a baixedes, a ver se vai ben que estou a experimentar isto de subir pdfs.
View SlideShare document or Upload your own.