18 de setembro de 2008

El gran libro de los dragones

O Doutor Ernest Drake, nado no 1822 en Sussex, Inglaterra, foi un famoso draconólogo que escribiu unha morea de libros sobre dragóns. Libros que non poden faltar na biblioteca de calquera crente na vida máxica. Eu teño un na miña lista de desexos:

El gran libro de los dragones, de Ernest Drake. Editorial Montena
O libro é un magnífico estudo sobre os dragóns, nel poderás aprender o seu ciclo vital co seu desenrolo dende que están no ovo, a súa fisioloxía, as diferentes especies e a súa localización no mundo, até ten un alfabeto draconiano.

Non deixedes de botarlle un ollo, é desos libros que te cautivan.
Un enlace: www.ologyworld.com