13 de setembro de 2008

As nosas "mascotas"

Quérovos presentar á nosa araña.
Un día pillámola paseando impunemente por dentro da casa e debido á súa enormidade non lle permitimos facelo máis porque impresiona lixeiramente. A ver que corazón resiste atoparse con iso na almofada despois de dar unha volta na cama!

Decidimos gardala nun tarro durante un tempo para observala. Papi é quen lle vai metendo a comida viva dentro e despois ela adícase á caza para unha vez atrapados chucharlles as entrañas coma se dunha meiga chuchona calquera se tratara. Despois fican aí os restos dos seus festíns, baleiros por dentro pero perfectos por fora.

A nosa araña pasa a meirande parte do tempo cabeza abaixo, seica para aforrar enerxía e construíu unha bonita tea de araña dentro do tarro de maonesa.
Clica enriba das imaxes para velas un pouco máis grandes.