11 de janeiro de 2010

Ópera para cativos

Subo esta mensaxe para recomendar un libro que lles regalou un dos tíos aos pequenos.

O debut de Martino Porconi é unha reinterpretación do conto dos tres porquiños, onde un dos porcos aspira a cantante de ópera e ten un mestre moi especial. Acompáñase dun DVD no que se pode escoitar o libro (creo que non existe versión noutras linguas).

··· · ··· ···· · ··· ···· · ··· ···· · ··· ···· · ··· ···· · ··· ···· · ··· ···· · ··· ·
· 11 - agosto - 2008 ·

Os meus pequenos adoran este fragmento da Traviata de Verdi, chámanlle "As pantasmas"

Aparece no DVD "L’'opéra imaginaire (L'Opéra comme vous ne l'avez jamais vu!)", producido pola televisión pública francesa, contén extractos dalgunhas das óperas máis famosas, cada unha delas acompañada por unha animación feita por artistas europeos con distintas técnicas. Nen todas son "adecuadas" para todas as idades polo que é mellor que as visualicedes primeiro.

Contido do DVD:
Ridi, Pagliaccio da ópera Pagliacci de Leoncavallo. Animación de Ken Lidster.
Durante o espectáculo, Pagliaccio (coa voz de Franco Corelli) descubre que a súa dona Colombina traicionoulle.
La donna è mobile , do Rigoletto de Verdi. Animación de Monique Renault.
O Duque de Mantua (Nicolai Gedda) canta a súa particular ideia do carácter feminino namentras imaxes recrean figuras de cadros: A Olimpia, o baño turco...
Avec la garde montante, da ópera Carmen de Bizet. Animación de Christophe Vallaux e Pascal Roulin.
Carmen le as cartas namentras desfilan ante ela soldados, bandidos, toreiros...
Voi che sapete, de Le nozze di Figaro de Mozart. Animación de Pascal Roulin.
Nesta comedia de enredo, a Condesa de Almaviva e Susanna, para vengarse do conde, deciden disfarzar ao paxe Cherubino de muller.
Un bel di vedremo, de Madame Butterfly de Puccini. Nesta animación de Jonathan Hills, Cio-Cio San imaxina cómo será a chegada tan desexada de Pinkerton para quen ela non é máis do que unha bolboreta de colección.
Au fond du temple saint, de Les pecheurs de perles de Bizet. Animación de Jimmy T. Murakami.
Neste triangulo de amor e morte os dous procuradores de perlas (as voces de Nicolai Gedda e Ernest Blanc) reencontranse coa rapaza que viron un día.
Du also bist mein Brautigam? de Die Zauberflöte de Mozart. Animación de Raimund Krume.
Pamina (Lucia Popp), crendo que Tamino morreu, quere suicidarse pero os tres genios (representados por un cilindro, un cubo e un cono) logran detela.
Questo è un nodo avvilippato, de La Canerentola de Rossini. Animación de Stephen Palmer.
Nesta versión tan distinta do conto ninguén é quen semella ser neste xogo de máscaras.
La veau d'’or, del Faust de Gounod. Animación de Hilary Audus.
Mephistofeles (canta Nicolai Ghiaurov) conta como burlou a Fausto que destruiu a Margarida.
Noi siamo zinarelle, de La Traviata de Verdi. Animación de Guinne Leroy.
Na festa de Violeta, uns curiosos invitados participan do precioso postre.
Sous le Dôme Épais, da ópera Lakmé de Léo Delibes. Neste fragmento (coas voces de Mady Mesplé e Danielle Millet) Pascal Roulin recrea o primeiro encontro de Gerald e Lakmé.
E lucevan le stelle , da Tosca de Puccini. Animación de José Abel.
Cavaradossi (Carlo Bergonzi) pérdese nos seus recordos esperando o mencer cando o van fusilar.

------------------- Máis -------------------

Cuéntame una ópera: Fantástica web de Georgina García Mauriño con distintos recursos, entre eles óperas convertidas en contos.
MOS: Recursos do MEC sobre a ópera (ESO e Bacharelato).