14 de agosto de 2008

Bufffffff

Buffffff!

É o único que me sae coas últimas preguntas que me fixéchedes, danme arrepíos. :D
lm dixo: pois..vou arriscar e ver se nom te complico muito...gostava de pedir-te se podias explicar um bocadinho mais a ideia do homeschooling... nom tenho muita certeza de como som as leis cá respeito ao educar na casa nem até que idades é recomendável... enfim...se tens tempo.
...

os tartarouchos dixo: ... Ando un pouco perdida, disme que podo ler para comezar? Seguides algún programa? De onde o sacades, se é así? Xa pedín na biblioteca Educar para ser, de Rebeca Wild. Unha suxerencia, podías poñernos un email de contacto para tratar temas destes, ou paréceche mellor nos comentarios?
Non me vexo eu moi posta pra explicarvos ou guiarvos nesto pois máis ben son eu a que necesitaba unha guía (hahahaha) e ainda por riba estou nuns momentos onde ando ben escasa de tempo, por unha banda polos meniños e pola outra porque ando a preparar o programa para o ano que ven (compre dicer que todo o demáis é secundario e non rouba tempo, máis ben anda á esmola dos minutiños que deixan as cousas importantes), así que tedes que perdoar que sexa tan concisa pero vou tentar respostarvos satisfatoriamente.

A meirande parte das familias educan na casa, algunhas adican máis tempo e outras menos, algunhas partillan a educación dos seus fillos con mestres, con sacerdotes, (que non só transmiten coñecementos, senón tamén os seus proprios valores) e outras familias prefiren asumir integralmente esta tarefa, esta podería ser unha definición do homeschooling se non fose porque hai familias homeschoolers que comparten a educación dos seus fillos cos pastores das súas igrexas ou porque hai outras familias homeschoolers que deixan algúns aspectos da educacións dos seus fillos en outras máns, como pode ser coas "actividades extraescolares" (música, idiomas, artes marciales, etc.). E despois temos os homeschoolers que están matriculados a distancia, os que adican un espazo e un horario na súa casa coma se fose unha escola, os que seguen un currículo persoal, os unschoolers...
Buf volto a dicer porque non son quen de explicarche o homeschooling pois non é nada "concreto", hai tantas definicións como familias homeschoolers. Segundo ALE (Asociación para la Libre Educación) "significa asumir de forma integral la educación de nuestros hijos, tanto en los aspectos de adquisición de conocimientos y habilidades, como en la transmisión de valores y principios, sin delegar ninguna de estas funciones en instituciones educativas."

Despois pergúntasme ate que idades é recomendável facer homeschooling. Pois isto é tamén unha questión que varía segundo as persoas, hai quen escolariza aos 6 anos, quen o fai cando empezan o ensino obrigatorio, quen o fai cando o pide o neno, algúns agardan até a universidade... Persoalmente non creio que haxa unha idade recomendável para ser ou deixar de ser homeschooler, todo depende en primeiro lugar da persoa educada na casa e en segundo lugar das circunstancias da súa familia ou das súas proprias.

En canto ó marco legal pois tampouco é que che poda respostar exactamente como vai a cousa porque máis ben estamos no limbo dos xustos, agardando a que alguén teña o valor de lexislar sobre o tema. Por unha banda a Constitución española recoñece a liberdade de ensino pero por outra banda está aquilo do "ensino obrigatorio", así que son moitos os homeschoolers que teñen que dar explicacións nun xulgado para que quede claro que o absentismo escolar dos seus fillos non ten nada que ver con abandono. Os poucos casos que eu coñezo resolvéronse sempre satisfatoriamente, ainda que o mal trago non llo quita ninguén.
Na web de ALE, no apartado de legalidade podes atopar información máis detallada de cómo está na cousa na España e noutros países.


A tartaroucha ainda vai máis lonxe :XD e pergúntame qué pode ler para comezar, bufffffffffffff, todo!! e nada? Eu teño que confesarche que non lín ningún libro dos Wild (nen ningún outro sobre educación libre) .
Pergúntasme se seguimos algún programa, supoño que te referirás a estar matriculados a distancia nalgures non? Pois a resposta tamén é negativa, a verdade que até o de agora imos por libre.


Tamén gostaba de engadir unha cousiña, en castelán o homeschooling é traducido de moitos xeitos, hai quen lle chama "desescolarizar" (cando esto só é correcto se algunha vez se escolarizou) pero ten moitos nomes: "educar en familia", "educar en casa"... en galego non vos podo dicer porque endexamais o ouvín, eu chámolle "escola na casa" porque parto da ideia de que a meirande parte dos pais educan tamén en casa. Pero se alguén sabe dun termo mellor pra chamarlle que fale agora ou cale para sempre :XD