23 de julho de 2008

Meninheiras

Ainda que meninheira tamén poda facer referencia a unha persoa que goste moito da rapazada, neste caso refírome ás erupcións cutáneas tan correntes nos primeiros meses de vida que aparecen preferentemente nas bochechas e que ás nais por primeira vez poden desconcertar tanto.

Xa aproveito pra dicer que nin teñen que ver con alerxia ó leite, nin teñen ningunha significación patolóxica (e polo tanto non precisan tratamento), poden ir mudando de localización pero desaparecen soas.

Ben, todo isto ven a conto para que me digades como é que lles chaman na vosa casa (en galego, claro, en castelán xa sei que lles chaman "engordaderas").